Hai pontes...
“Hai Pontes. Catro días para debuxar a radiografía dun oco” son unhas xornadas que se desenvolverán en Vigo do 10 ao 13 de maio de 2017 e que pretenden:
- reflexionar sobre os espazos de confluencia posibles entre o mundo das artes escénicas e o do activismo social.
- analizar as feblezas e fortalezas da acción social e a acción cultural.
- crear un espazo dinámico onde se amosen diversos xeitos de interacción no medio social.
- cavilar sobre as artes escénicas como ferramenta de cambio social, e do activismo como mecanismo de troco cultural.
- debater sobre os procesos de construción social e cultural.
As xornadas “Hai Pontes. Catro días para debuxar a radiografía dun oco” teñen dous eixos centrais sobre as que se vertebran:
- Puntos de Confluencia. Será un espazo que se establecerá diariamente onde se intercambiarán enfoques e métodos diversos, así como se abordarán diferentes conceptos e situacións a través do diálogo e o debate.
- Interaccións sociais. Son as diferentes accións, actuacións e iniciativas relacionadas coas artes escénicas, tanto interiores como exteriores, que incidirán sobre diversas temáticas de carácter social.
A arte non é algo que faga unha soa persoa, senón un proceso posto en movemento por moitos.
- John Cage
Programa
cargando mapa - por favor, espere...
Participantes
Anómico Teatro
AveLina Pérez
Laboratorio Fantoche
Teatro Ensalle
Teatro Estepario
Teatro Trono
Trasluz Teatro
WHO YOU CALLING A BITCH [Cancelado]
Trátase dunha reivindicación da muller na cultura Hip Hop. A figura desta como en case tódolos ámbitos está agochada e…
“ARRIBA EL ALTO”
DIRECCIÓN: COLECTIVA. (Teatro Trono) DURACIÓN: 45 MINUTOS. PUBLICO: GENERAL Arriba El Alto é un collage vertixinoso de escenas que enfiavan…