Hai pontes...
“Hai Pontes. Catro días para debuxar a radiografía dun oco” son unhas xornadas que se desenvolverán en Vigo do 10 ao 13 de maio de 2017 e que pretenden:
- reflexionar sobre os espazos de confluencia posibles entre o mundo das artes escénicas e o do activismo social.
- analizar as feblezas e fortalezas da acción social e a acción cultural.
- crear un espazo dinámico onde se amosen diversos xeitos de interacción no medio social.
- cavilar sobre as artes escénicas como ferramenta de cambio social, e do activismo como mecanismo de troco cultural.
- debater sobre os procesos de construción social e cultural.
As xornadas “Hai Pontes. Catro días para debuxar a radiografía dun oco” teñen dous eixos centrais sobre as que se vertebran:
- Puntos de Confluencia. Será un espazo que se establecerá diariamente onde se intercambiarán enfoques e métodos diversos, así como se abordarán diferentes conceptos e situacións a través do diálogo e o debate.
- Interaccións sociais. Son as diferentes accións, actuacións e iniciativas relacionadas coas artes escénicas, tanto interiores como exteriores, que incidirán sobre diversas temáticas de carácter social.
A arte non é algo que faga unha soa persoa, senón un proceso posto en movemento por moitos.
- John Cage
Programa
cargando mapa - por favor, espere...
Participantes
Anómico Teatro
AveLina Pérez
Laboratorio Fantoche
Teatro Ensalle
Teatro Estepario
Teatro Trono
Trasluz Teatro
TECENDO PONTES
UNHA RADIOGRAFÍA DO OCO
AS DÚAS BEIRAS
HABITANTES DO OCO
Cancelación da actuación de Beehive
3564
HASTA LA ÚLTIMA GOTA
A obra teatral “Hasta la Última gota”, relata a historia universal de grupos opostos, polas súas condicións, as súas preocupacións,os…
EL MATRIMONIO DEL SOLDADITO
Unha crítica á violencia de xénero establecida na nosa sociedade, que a simple vista pasa desapercibido. Entre sátira e critica…
ENTRE ABALADAS
E TI QUE MIRAS?
LA INVISIBILIDAD EXISTE
Acción crítica social que parte dunha ficción: Unha emerxente multinacional téxtil mercou a patente da invisibilidade a un laboratorio francés…
DEIXÁDENOS COMER TRANQUILOS
Trátase de levar a indiferencia do privado ao ámbito público. Nunha mesa longa un home e unha muller, cada un…
CANTAR LOS MALES ESPANTA
Unha serie de voces (Teatro Ensalle + Anómico Teatro, a través de Rosana Villagrasa, María Costas, Eva Alfonso e Raquel…
GINO Y CHISPIRITA
Tenrra historia de dous irmáns pallasos que nunca se poñen de acordo salvo nunha cousa: facer rir á xente. Un…
Otelo: A farsa do fazzoletto
Otelo: A farsa do fazzoletto. É unha farsa baseada na obra de Shakespeare de Otelo. Nela, Iago, pretende vingarse de…
“NI PÍO” + “LA CORONA, LA ESPADA Y EL TRAJE DE PELUCHE”
“NI PÍO”. Unha obra curta (15 min) de humor, para adultos con monicreques de luva e varilla. “LA CORONA, LA…